jueves, 6 de diciembre de 2012

FOTOS

Pensei en publicar as fotos do picnic no Río Seira aquí no blog, pero cando xa as tiña colgadas dome conta de que o acceso ó blog é libre, calquera pode entrar e ver fotos e incluso descargalas.
Eu personalmente xa sabedes que son un pouco maniática ca intromisión de terceiros en detalles da miña vida, e as fotos viaxan por internet e poden ser usadas por calquera.
Así que vou buscar outro sistema para enviarvos as  fotos. Eu pola miña parte son partidaria de que non se colguen as fotos da xente no blog, polo menos non dos cativos.
Cada quen que opine.
Bicos e abrazos
MONTSE

1 comentario:

  1. O que podes facer é metelas en google docs ou drive da conta de vaiderule, todos podemos entrar nela e baixalas desde alí.

    ResponderEliminar