miércoles, 12 de diciembre de 2012

RASTRIÑO DE NADAL!


Este domingo 16 de decembro imos celebrar o Rastriño de Nadal de cousas usadas e de segunda man.

Vai ser no Pavillón Polideportivo pola mañá a partir das 10.30. Haberá roupa, accesorios, artesanía, xoguetes, libros, música, películas, adornos para a casa...

Tamén vai haber ao longo da mañá xogos para os rapaces e para os non tan rapaces.

Anímate a vir. Podes vir botar un vistazo por se hai algo que che interese ou podes vir montar o teu posto.

Vémonos alí o domingo!

+Info: www.concellodebrion.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario