viernes, 1 de febrero de 2013

sendeirismo na Baña

Quero propoñervos unha rutiña de sendeirismo pola beira do río Tambre no Concello da Baña, que esta fin de semana seica vén boa. Se chove sempre a podemos deixar en reserva para cando veña o bo tempo.

A ruta é de tan só 5 Kms e vai todo pola beira do río, de Fiopáns a Portochán. Eu nona fixen así que vai ser un pouco de descuberta a ver que nos ofrece.

Se alguén se anima que me avise, eu irei o sábado á tarde se está bo e se non o domingo. Bueno, se alguén se anima aínda máis, e está moi bo día, podemos ir domingo con bocata, aínda que penso que vai facer frío.

Déixovos aquí a ruta


No hay comentarios:

Publicar un comentario