lunes, 18 de marzo de 2013

LEÓN, ALTAMENTE RECOMENDABLE

Esta fin de semana fun con Ana e Mónica a León e é unha vila ben bonita de ver. Estivemos nuns apartamentos a 15 minutos andando do centro histórico, e como alí é todo chan... pois ao ladiño coma quen di. Déixovos unhas fotiñas para facervos a boca auga:

Palacio de los Botines (serán da familia de Botín?)

Camiño da catedral

A que non sabedes quen é? No fondo é unha gherrilleira!

Que lo regalamos, oiga!

Na Pobla de Sanabria hai un señor que vos persigue pola rúa para vendervos  botillos! e por riba bérravos por mercar cazolas de barro sen consultarlle antes a el!

Lago de Sanabria. A neve non se aprecia, pero os montes do fondo estaban todos branquiños na cima

3 comentarios:

  1. Xa che digo se é recomendable o sitio, pero sinto dicirche que ainda vos perdestes un sitio mais recomendable todavía, (se cadra), o barrio húmido: viños e tapas e tapas e mais viños, a uns prezos ben bonitiños.

    ResponderEliminar
  2. Che! O barrio húmido non é o mesmo desde que pasamos nós por alí!

    ResponderEliminar
  3. Agora chámase o barrio aneghado!

    ResponderEliminar