lunes, 18 de marzo de 2013

SENDEIRISMO

Este sábado hai unha ruta que organiza o Concello de Brión por Touro. A ruta é de 18 Kms. e de dificultade baixa. A min como a perna non me dá para tanto, vou facer ruta alternativa, que vai ser empezar a ruta, andar unha horiña aprox., parar a descansar a perna e volver polo mesmo camiño para coller o coche e ir ata onde remata a ruta para tomarlle un café con Ana, Mónica, José Luis e Raquel.

Se alguén se quere apuntar a ir no bus ou no coche que me avise. O bus sae de Brión ás 8.30 da mañá. Hai que levar bocata.

Eu levo can, que ten moita enerxía que gastar.

1 comentario:

  1. E digo eu..........non será moi cedo para ir de rule ¡¡¡. Mi madriña nin que fósemos a malla ¡¡¡¡.

    ResponderEliminar