domingo, 11 de agosto de 2013

ALEMANIA

Por fin me conecto! Hoxe chegamos a Noruega tras unha viaxe penosísima polo mar do Norte, de Dinamarca a Noruega en 2 horas e cuarto, cuns meneos que nin o regetón e vomitonas por todas partes.

Pero eu deixei o blog en Colonia. Cólgovos fotos desta wonderful vila alemana, practicamente toda ela destruída polas bombas na segunda guerra mundial e reconstruída despois do 45






Con aquelo de que estabamos 2 días en Colonia, aproveitamos unha mañá para ir ata a antiga capital Bonn







Pero con Colonia ser un sitio precioso, aínda máis bonito e encantador é Lübeck, unha pequena vila medieval bordeada por un río que non sei cal é. Está xa ao norte de todo do país, perto de Hamburgo. É monumental coma Brujas pero con máis vidilla, menos "artificial".




Tamén aproveitamos para achegarnos ata Hamburgo, pero non teño fotos, decidín pasar de Hamburgo e aproveitar para descansar un pouco, facer lavadora e ler un pouco.

1 comentario:

  1. Hamburgo...........ese é o sitio onde inventaron as hamburguesas, non ??
    E en colonia cheirarán todos moi ben ?? ......digo eu, algo de cotileo por favor, jajajaja

    ResponderEliminar