martes, 6 de agosto de 2013

BELXICA

Hei de decir que é un pouco complicado o de conectarse á internet nos albergues, as conexións son malas, estamos pouco tempo e a unhas horas moi intempestivas.

Tras saír de Rennes, deixamos Francia e chegamos a Bélxica, a Bruxas, bonita cidade onde as haxa. Primeiro pasamos por Point du Hoc, o lugar do desembarco de Normandía, nunca estiven tan perto da segunda guerra mundial como nesta ocasión! É impresionante ver toda a terra chea dos cráteres das bombas!

Pero imos a Bruxas, unha cidade pequena, preciosa, onde che dá a impresión de estar metido nun conto, nun dos irmáns Grimm, coas casiñas todas de pedra, todo limpísimo, preparadísimo para o turismo. O albergue tipo Backpackers, coma o de Jinja de Uganda, un todo nun: cuartos cutres, comedor do albergue que se convirte en bar-cafetería-pub, duchas atravesando o bar en pixama... un panorama, pero que ambientazo!

Estas son algunhas fotos de Bruxas pero hai máis.









E de Bruxas a Colonia, Alemania, pasando por Amberes. Un pouco decepcionante Amberes, pero vímola en tan só 3 horas e non sabemos se o que vimos é o que é ou hai vida máis aló.

Colonia polo de agora tan só a vimos de noite e un cachiño.

Mañán máis.

2 comentarios:

  1. Mi madriña rapazas, vades no aire. Esto parece aquel conto de Gila: "hicimos un tour por Europa, 7 paises en seis dias, desayunamos en París, meamos en Burdeos y cenamos en Berlín", jajaja.
    Todo pura ennvexa...........

    ResponderEliminar
  2. Que fotos tan bonitas! Espero que lo esteis pasando muy bien. Bicos.

    ResponderEliminar